Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 12

MEDIDAS DE APOIO PARA A COMERCIALIZACIÓN E A INNOVACIÓN DO COMERCIO LOCAL E DAS NOVAS INICIATIVAS AGROALIMENTARIAS

NECESIDADES

OBXECTIVOS

Esta liña de actuación afronta o apoio necesario ao tecido comercial local, facendo fincapé nos colectivos desfavorecidos –especialmente mulleres e mozos– da seguinte maneira:

  • Posta en marcha dun espazo de apoio ao sector do comercio.

  • Execución e posta en marcha dunha plataforma de comercio electrónico local.

  • Apoio e asesoramento aos produtores locais na comercialización dos seus produtos.

  • Fomento do consumo de produtos locais baseado na calidade e no consumo de proximidade.

  • Promoción dos produtos agroalimentarios de Lalín noutros mercados.

RESULTADOS

  • Impulso do sector comercial e da produción e transformación agroindustrial no marco do concello de Lalín.

  • Desenvolvemento de proxectos innovadores no sector comercial e agroindustrial.

  • Rehabilitación do tecido comercial retallista local, e do tecido produtivo vinculado á produción agroalimentaria.

  • Fomento de novas canles de comercialización e mellora da comercialización dos produtos locais de Lalín.

  • Consolidación da empregabilidade e mellora da situación socioeconómica de colectivos desfavorecidos coma mulleres e mozos.

Datos

inversión total
68.848,80 €
0%
FEDER
55.079,04 €
0%
concello
13.769,76 €
0%

NOTICIAS

MÁIS DE 500 EMPRESAS DE LALÍN XA SE BENEFICIARON DAS MEDIDAS DE APOIO Á COMERCIALIZACIÓN E INNOVACIÓN DO COMERCIO LOCAL LEVADAS A CABO POLO CONCELLO

O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, está a traballar en diferentes medidas de apoio ao tecido comercial local, con especial fincapé nos colectivos desfavorecidos.